sábado, 25 de abril de 2020

domingo, 12 de abril de 2020

RECURSOS PARA O CONFINAMENTO

GUÍAS DE ACTIVIDADES E IDEAS
En Plan Infantil ofrécennos unha guía de Ideas para hacer en casa con los peques, que inclúe teatro e contos online, manualidades, receitas, xogos...

Tamén Toni García, no seu blog, recolle outra guía elaborada por Gabriel Chumpitaz con Opciones en cuarentena.

XOGOS CON LÁPIZ E PAPEL
O aforcado, o tres en raia, afundir a flota... todos eses xogos de sempre para os que só precisamos un lápiz, un papel e alguén con quen xogar. Explicacións e ideas aquí e aquí.

MATERIAIS IMPRIMIBLES
Caderno de mandalas para colorear, e moitos máis recursos en Aprendiendo con Julia.

Y a la vuelta la luna ofrece mútliples recursos, por exemplo de lectoescritura.

La fábrica de los peques, tamén con multitude de ideas, como estas cometas cos números do 1 ao 10 (ABN).

Mr. Wonderful ofrece un par de propostas chulas: un diario para o confinamento e un calendario de retos para os peques.

CIENCIA
Academia de inventores: clases de robótica, programación e ciencia. O nivel Baby (3 a 5 anos) é os luns ás 17.00h, pero na canle de Youtube podemos ver todos os vídeos.

Web Kids Csic, con xogos, vídeos, animacións, biografías de científicos...

Contos sobre estrelas, e moitos máis recursos descargables en PDF para explorar o universo.

Experimentos infantís con IngeKids.

Recopilatorio de recursos de ciencia para nenos/as de diferentes idades aquí.

CONTOS
Jordi Sierra i Fabra ofrece na súa web un conto ao día para pasar a cuarentena.

Contos contados en KalandrakaTV.

RADIO
Cadena Dial lanza Dial Babyradio, con programación 24h dirixida aos máis pequenos: contos, nanas...

MAXIA
Luis Piedrahita, no seu instagram, ofrece trucos de maxia sinxelos para facer cos máis pequenos con cousas que todos temos na casa.

E moito máis no recopilatorio de Bebé a Mordor.